O día de San Miguel apareceu unha viña chea de uvas no medio do patio da escola de Sarandón.  Coa emoción no peito, caldeiros e tesouras nas mans, vendimamos sentindo,
 tocando, ulindo, oindo, escoitando. saboreando, vendo, mirando...
Na tinalla esmagamos as uvas, e co mosto doce e sabedeiro, camiñamos polo campo da festa ca banda sonora das badaladas das campás e dos foguetes da pólvora,
convidando á xente na saida da misa do patrón da parroquia.
Brindamos no colo do Carballo das Mentiras fronte o Pino Manso por unha terra chea de froitos.
O mosto gardado está a ferver ata facerse viño.

|  | 
|  | 
| Digital slideshow customized with Smilebox | 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario