Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 31 de octubre de 2015

FACENDO MOSTO E VIÑO EN LESTEDO
 
Estes días atrás andivemos moi ocupados co tema da vendima.
Despois de escoitar moito, ver contos, fotos e aprender unha canción, decidimos facer o noso propio viño, coa axuda tamén das nosas familias.
Primeiro montamos un emparrado caseiro, tipo tendal da roupa, vendimamos e despalillamos. A algún tanto lle gustou o de despalillar que non quería lavar as mans e almorzar!
Mirade que ben quedamos!
 
 
 
 
 
 












Ao día seguinte tocou esmagar as uvas. Houbo alguén que non quixo, por eso de que iamos estar un pouco máis sucios da conta. Pero non foi problema, eran moitos pes a traballar, e ata algún cu tamén!
   
 










E despois do duro traballo chegou unha boa recompensa, probalo mosto. Que doce!!






Agora toca observar como se vai facendo o viño.


 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario