Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 7 de febrero de 2019

O verdadeiro proceso dos cereais nas nosas mans

Xa non nos chega a horta da escola para sementar, así que onte marchamos á casa dun veciño, o Sr Pereira, un tío-avó de dous nenos da escola, que moi amablemente abriu as portas da súa eira e puxo á nosa disposición un terreno para sementar diferentes cereais: trigo, cebada, avea e centeo. Tamén queríamos sementar millo pero investigando descubrimos que aínda non era o tempo. Deste xeito coas botas nos pés e a s mans preparadas, fixemos un gran traballo.

En vindeiros días, visitaremos ao sr. Pereira e de paso miraremos como vai todo e si hai que quitar algunha herba mala. De cara ao verán faremos a sega, os monllos, a malla, limparemos os cereais e finalmente levaremos os cereais ao muíño para moer todo e posteriormente levalo á panadería e facer o pan e finalmente disfrutaremos entre todas as familias como sempre se fixo no noso campo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario