Como cada ano, a semana do entroido,o noso burro manda traaer algo cada dia para que chegado o xoves, nos convirtamos todos nuns verdadeiros entroidos. Este ano, este burro veu con gañas de facer poesía e ainda máis, dedicada aos nosos bosques, que este ano traballamos dun xeito especial no proxecto Voz Natura. Deste xeito así quedou o conto:
LUNS: Se queres parecer un piñeiro
en vez de piñas pon un sombreiro
MARTES: Para estar fermoso como un corzo
pon un adorno no pescozo
MÉRCORES: Se un moucho queres parecer
uns lentes terás que traer
XOVES: Como hoxe non toca plantar
en pixama ti virás
VENRES: Para que che fagan as beiras
trae o disfraz que ti queiras.
AHH!! e para que quede máis atractivo, avisamos: É ACUMULATIVO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario