Este ano para conmemorar o Día Internacional da Eliminación Contra a Violencia de Xénero, fixemos moitas actividades nas escolas.
Lectura de varios contos, co fin de derrubar estereotipos de xénero e resolución de conflictos, a proposta do Equipo de Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Así coma outras propostas que xurdiron nas propias escolas e mesmo dos Concellos de Vedra e Boqueixón. No que ao concello de Vedra se refire, repartiron nas escolas de Vedra, unhas bonitas mochilas con material informativo para concienciar sobre a lacra da violencia de xénero. Por parte do concello de Boqueixón, achegáronnos a todas as escolas unhas chapas e calendarios do 2022 conmemorativos co lema "As mans para loitar non para ferir, a fala para acariñar, non para anular", así como unha unidade didáctica do conto Alén Loita e acariña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario