Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 15 de septiembre de 2011

GAÑADORES¡¡¡¡¡




Foi este luns ás 18:00 cando nos deron a gran noticia: eramos GAÑADORES DOS PREMIOS EDUCARED¡¡¡¡. Foi unha longa espera pero valeu a pena, xa que ademáis de acadar este prestixioso e recoñecido premio internacional, conseguimos varios regalos para o centro:
- 1 cañón proxector
- 1 portatil ou unha mimio
- 8 tablets dixitais de dibuxo
- 1 video cámara dixital
Todos estes premios recollerémolos os vindeiros 20,21 e 22 de outubro no VI Encontro Internacional Educared que se celebrará en Madrid, e o que asistiremos coma invitadas en representación do CRA, a secretaria e a directora do centro, e probablemente nos acompañe a coordinadora do CESGA, María.
Estamos enormemente satisfeitos/as por acadar este premio e agardamos que sirva para que sexamos máis coñecidos os CRAs, o noso traballo e a calidade do noso ensino.
Só nos queda agradecervos a todos/as, membros da comunidade educativa do noso centro, o voso apoio, a vosa colaboración e sobre todo por creer en nós.
E permitídeme que lle dea as grazas aos nosos nenos/as, porque eles son os verdadeiros gañadores, os que nos fan mellorar e innovar día a día.

PARABÉNS A TODOS/AS¡¡¡¡¡¡¡



3 comentarios:

  1. Outra vez máis parabéns para todos os que traballades no CRA.
    Lupe(lestedo)

    ResponderEliminar
  2. Noraboa para todos os que traballades ao pé da aula!!!

    ResponderEliminar
  3. NORABOA E A SEGUIR ASI, DA GUSTO VER COMO VOS ESFORZADES PARA QUE O FIN E O CABO SEAN OS NOSOS FILLOS OS BENEFICIADOS CON ESTES PREMIOS E TAMEN NOS POR TER A SORTE DE QUE VOS OS ENSINEDES. BICOS E APERTAS.

    ResponderEliminar