Hoxe tivemos unha visita moi especial: Néstor Segade Cardelle escenógrafo do Teatro San Martín de Buenos Aires e a actriz Marta Lubos.
Aproveitando a visita á súa familia de Vedra, cunha homenaxe sorpresa incluida, pasaron pola nosa escola.
Aproveitando a visita á súa familia de Vedra, cunha homenaxe sorpresa incluida, pasaron pola nosa escola.
Os nenos e as nenas de Sarandón fixéronlles preguntas sobre Arxentina que contestaron con moita amabilidade e simpatía.
Néstor ademais contóunos curiosidades do seu traballo, cando unha vez colaborou fabricando unhas marionetas de cóndor para axudar na cria dunha destas aves. http://www.aventurarse.com/expediciones/che/fichacondor30-06.html

Os nenos e as nenas de Sarandón escenificaron á entrega do Premio María Guerrero, que Marta Lubos recibiu á mellor actriz. https://www.cultura.gob.ar/asi-fue-la-entrega-de-los-premios-maria-guerrero_3968/
Grazas Néstor e Marta, ata sempre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario