Este venres pasado celebramos o noso tradicional magosto en Sarandón. Para tal evento xuntámonos todos os nenos e nenas do CRA na casa da cultura de San Miguel de Sarandón. Ao chegar, sorprendéronnos o xeito que tiveron os papás e mamás de Sarandón de adornar o local, todo con cousas da natureza e ata un cartel con productos da tempada. A continuación, desfrutamos do contacontos, comemos castañas, contemplamos a riqueza das cousas que nos rodean e levamos a cabo unha actividade con moita arte. Esta actividade ten por nome "Land Art", arte da terra e consiste en, ademais de valorar o medio que nos rodean, elaborar cos productos da nosa terra verdadeiras obras de arte. Para iso, entre todos levamos productos e cousas da natureza para convertilas no que a continuación vos amosamos. Non diredes que non somos uns verdadeiros artistaz@s!!! Graciñas nai Terra por darnos cousas tan fermosas coas que poder aprender, xogar e ao mesmo tempo pasalo xenial coa mellor compañía!!! Ata o ano que ven......
[caption id="attachment_206" align="alignleft" width="300"] Magosto 2014[/caption]
[caption id="attachment_209" align="aligncenter" width="375"] Os nosos "Land Art"[/caption]
[caption id="attachment_208" align="aligncenter" width="300"] Ata a tixola era con material reciclado, jejeje...[/caption]
No hay comentarios:
Publicar un comentario