Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 3 de junio de 2019

Practicando RCP en Sergude

Esta semana tivemos de visita na escola de Sergude a Yésica (a mamá de Rubén) e a súa amiga Cris, que viñeron a facer un obradoiro de sensibilización cos procesos médicos e cos contextos sanitarios.
Así foi que nos explicaron un montón de cousas sobre os hospitais, as persoas que neles traballan, os materiais que empregan no seu traballo... E nos explicaron cousas sobre as aulas hospitalarias que hai para os nenos e nenas que pasan tempo hospitalizados, xa que as dúas son expertas neste tema! Unha é doutora, e a outra profesora da universidade especializada neste ámbito.  Foi do mais interesante! Montamos tamén un hospital de bonecos, ó que cada un/unha de nós puido levar a aqueles bonecos que tiñan algunha doenza para seren atendidos. E rematamos aprendendo a canción do RCP! Velaqui vos deixamos un pequeno vídeo con esta canción que vos recomendamos aprender a todos e todas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario