O Venres 14 de Xuño tivemos a tan esperada excursión de fin de curso. Este ano fomos a Pobo Aventura (Teixeiro), alí fixemos unha morea de actividades.
Os máis pequeños buscaron o Merlo Rieiro e coñeceron as peripecias da natureza, tamén xogaron e escoitaron o conto do "Buho Bloom" ó caron do río Carregal!
Os nosos maiores rastrexaron, practicaron cos eco-xogos e fixeron a xincana dos pobos.
Foi un día moi especial no que os nenos/as das nosas escolas puideron coñecerse un pouquiño máis compartindo xogos e experiencias.
Sen dúbida un bo broche para este fin de curso!!
Grazas a tod@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario