Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 14 de noviembre de 2016


"CONTANDO EN FEMININO" 
   O alumnado do Cra Boqueixón-Vedra “Neira Vilas” recibirá a visita de Ana Hermida, sesión dobre durante tres días, para achegar aos nosos nenos/as un mundo de contos cheos de mensaxe e diversión para concienciar na igualdade e violencia de xénero. É unha iniciativa da Anpa Val do Ulla do Cra Boqueixón-Vedra.
   


Serán contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario