Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 20 de marzo de 2019

CONVIVENCIA NO C.R.A

Hoxe tivemos un gran día, xuntámonos todos os nen@s  do CRA na escola de Lestedo para compartir unha xornada moi divertida e especial.

Para iso participamos en tres obradoiros:

Un deles de Animación á lectura con Mar Benegas (escritora e poeta, especialista en lietratura infantil e xuvenil), foi estupendo coñela e participar dos seus contos. Ecantounos!!

Outro foi o taller de Luz;  da man do mestre Antonio experimentamos e xogamos coa luz e coas suas infinitas posibilidades.

Tamén fixemos un de Arte, no cal plasmamos os nosos debuxos nun papel continuo e abrigamos pauciños con lá descubrindo distintas texturas e recitando pareados.

E como non podía ser doutro xeito,  xogamos e brincamos no patio coñecéndonos tod@s un pouquiño máis.

Foi un día XENIAL!!! Pasámolo en GRANDE!!


1 comentario:

  1. Un día moi grande. Todos xuntos, nen@s e mestr@s, facendo o que mellor sabemos facer: dar o mellor de nos!!!Grande a nosa familia!!!

    ResponderEliminar