Con motivo do día internacional da Paz e a non violencia, dende a clase de relixión quixemos endulzar un pouco este día, elaborando os nosos propios "Caramelos de Paz". Para iso, pensamos en cal sería o sabor que máis paz nos daría e sairon moitos sabores: caramelos de bicos, de abrazos, de axuda, perdón e ata de compartir. Puxémonos mans á obra e o resultado foi o seguinte: ricos ricos e cheos de moooita paz, como máis lles gusta a Pombiña e Xesús e a todos os que nos queren!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario