Estivemos vendo varios vídeos onde nos explicaban que é, como se move, para que serve, porque se ve diferente en distintos días, canto tarda un foguete en chegar a ela e un longo etcétera de cousas moi interesantes.
Logo adentrámonos un pouco máis nas fases da lúa, representándoas e escribindo os seus nomes.
Sabiades que a lúa é unha mentireira? Cando Parece unha C está en cuarto menguante, e cando parece unha D estan en cuarto crecente. Un pequeno truco para recordar os nomes.
Como estabamos preto da hora de merendar e estes nenos de primaria son ben larpeiros fixemos unha última representación das fases da lúa. Como? Con galletas "Oreo".
E logo a merendar!!!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario