Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 26 de mayo de 2016

CIENTÍFICOS

En Sergude pasamos moito tempo implicados con isto de querer coñecer e saber sobre os oficios das nosas familias. Así foi que cando nos falaron de participar en "Vedra en Ciencia" e de facer experimentos sobre a luz, puxémonos a pensar quen nos podía axudar. Decidimos pedirlle axuda a un amigo (que ó final os amigos veñen sendo como da familia!), que é científico especialista en óptica e luz. E mandámoslle unha mensaxe de voz por whatsapp pedíndolle axuda.

El nos contestou con esta imaxe tan curiosa que nos deu moito que pensar.

E por fin, un día que non traballaba, veu a visitarnos!


Así foi como sacamos as ideas para facer os experimentos que despois levamos a Vedra en Ciencia e polos que cada un de nós levou un pequeno premio e que compartimos co resto de compañeiros e compañeiras do CRA.




No hay comentarios:

Publicar un comentario