Aproveitando o sol do outono, o pasado martes realizamos un pequeno roteiro pola contorna do cole onde estudamos os cambios da natureza coa chegada da nova estación: as cores, a forza do vento, tamén observamos as aves viaxando cara o sur, identificamos as árbores de folla caduca e as da perenne, recollimos castañas, landras, follas,... Reparamos nalgúns cogumelos e ata ulimos algunhas plantas como a menta. Antes de regresar aproveitamos que uns veciños estaban traballando nos viñedos para coñecer as características da uva albariña e a maquinaria que empregan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario