O pasado venres 5 de outubro no Hostal Monumento San Francisco fomos invitados para recoller o premio á mellor iniciativa emprendedora polo noso proxecto Rede Escolas na Nube otorgado polo Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia.
Alá nos reunimos as catro directoras dos CRAs participantes, Ribadavia,Ponteceso Vilaboa e Boqueixón-Vedra; Carlos Segade o director de Balidea, a empresa galega que financia parte do noso proxecto; María Rodriguez Malmierca do CESGA , que moi orgullosos compartimos unha noite emotiva con outros premiados.

Dende aquí o noso agradecemento ao CPEIG polo premio e a todos/as os que facedes posible que todo este soño se faga realidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario