Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

sábado, 19 de octubre de 2013

ZONCHOS


É tempo de castañas, de magostos...
e o mestre Antonio, a quen lle gusta contar historias, contounos
a historia dos zonchos.

Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar
que che hei de dar moitos

ZONCHOS: Castañas cocidas con cáscara.

O costume de cocer as castañas con pel ven de cando as xentes pasaban o día fóra traballando no campo, as castañas eran alimento habitual que llevaban no peto e, ésta, a única forma de poder comelas sen que esmagaran no camiño.
Có nome de zonchos tamén coñecemos os colares de castañas ensartadas en fio a modo de rosarios.



Asi que nós, aproveitando as castañas que trouxo Antonio, previa cocción...
e cunha improvisada agulla e un resistente fio...





 enfiámolas con moito agarimo...





... e fixemos este fermoso colar!!!




Agora poderemos comer estas riquísimas castañas pouco a pouco.


Ademais podémolas decorar!




É tempo de zonchos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario