Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 18 de octubre de 2013


ENTRE VEXETACIÓN E FAUNA

SALVAXE

Hoxe tivemos a 1ª saída deste curso. Achegámonos aos invernadoiros dos Viveiros Compostela, entremezclados entre crisantemos, ciclámenes e flores de pascua. Mirade qué bonitos!
 

 


Tamén tivemos ocasión de traballar como xardineiros e descansamos para tomar o almorzo.

  


 Logo, alá no campo de fútbol de Camporrapado,  sorprendeunos a exhibición  dun falcón peregrino e o seu cetreiro campeóns de España na súa modalidade. O falcón peregrino é o animal mais rápido do mundo porque cando caza, lánzase dende moi alto en picado, a velocidades de ata 300km/h.
 
 
 Moi atentos e caladiños observamos dúas aves rapaces que, procedentes do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre en Oleiros, iban a ser ceibadas: unha curuxa e un miñato, e aprendimos moitas cousas deles.
Sabedes!, a curuxa e unha ave rapaz nocturna; ten a cabeza grande e redonda como unha parabólica para escoitar moi ben, uns ollos coma pratos  e as plumas redondeadas, algunas delas pequerrechiñas para non meter ruído mentres voa na captura de ratos. É por iso  que está moi ben considerada entre os humanos. Vive nas casas vellas derruídas e nas igrexas, non fai niños e pode facer ata dúas postas ao ano e criar 5 fillos de cada volta. Ademais, come os ratos enteiros polo que ten un pico pequeño e pouco desenrolado;  logo vomita os osos e a pelaxe do rato nunha bola oscura.

 

Sen embargo, o miñato e unha ave rapaz diurna. Ten a cabeza mais pequena, é mais veloz e ruidosa así que as súas plumas non son tan redondeadas e ten o pico grande e desenrolado porque papa os ratos a cachiños.
 Agora xa sabemos que o animais salvaxes feridos ou abandonados van aos centros de recuperacíón e alí equipos de veterinarios e coidadores especializados lles axudan a curarse para voltar de novo á súa vida salvaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario