O xoves día 1 de marzo, todo o CRA fixo unha saída a Santiago xa que tiñamos duas citas. A primeira foi no Auditorio ABanca para desfrutar da obra "A nena e o grilo nun barquiño" de Magín Blanco. Con ela rímos coas diferentes aventuras da nena e un grilo á vez que desfrutamos coas cancións.
Ao saír do Auditorio dirixímonos á sede Afundación de ABanca para coñecer a exposición de Fundación telefónica "A arte no cómic" que recolle algunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics.
No hay comentarios:
Publicar un comentario