Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 19 de marzo de 2018

TALLER SENSORIAL: XORDEIRA

 Para rematar os talleres sensoriais levamos a cabo o de xordeira.
 En primeiro lugar explicamos cómo funciona o oído para logo mencionar axudas que poden empregar as persoas con perda auditiva como o audífono ou os implantes cocleares.
 Visionamos un conto sen son para simular que eramos xordos e, como deste xeito non entendimos o conto, falamos dos subtítulos ou a lingua de signos como axuda nos videos para as persoas xordas.
 Comprobamos cómo poden percibir as vibracións dos sons mediante o tacto empregando unha canción no móbil, percibindo o movemento nos altavoces.
 Aprendimos varios aspectos da súa vida diaria como o tipo de espertadores que teñen que empregar (con luz) e sistemas para conectar ó timbre da porta (tamén con luz).
 Coñecimos o sistema dactilolóxico que empregan para os nomes:


E finalmente aprendimos algunhas palabras en lingua de signos:



  Ademáis das anteriores, tamén apredimos outras como: ola, adeus, bos días, boas noites, gracias...e algunha outra pola que preguntaron xa que tiñan curisosidade por saber.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario