Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 24 de marzo de 2015

Investigando na horta en Sergude

Hai uns días, o Oso Mecoso deixounos unha carta en Sergude contándonos que está axudando ó seu amigo Balbino na horta, pero non sabe moitas cousas sobre as hortas e anda un pouco preocupado. Pediunos a nosa axuda, así que nos puxemos mans á obra e empezamos a recompilar información. 
A nosa sorpresa foi maior cando de alí a uns días apareceu o mismísimo Balbino na escola! Deixounos un conto da súa horta no encerado dixital. Quedamos moi sorprendidos con el....

Despois do conto puxémonos a reflexionar sobre como lles podíamos axudar ás froitas e verduras da horta de Balbino..... E ocurríusenos facer entre todos unha rica e saborosa receita de macedonia!



                           Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own slideshow design


E como xa estábamos metidos de cheo na nosa investigación, a Rocío ocurríuselle que a súa mamá podía contarnos un montón de cousas sobre froitas e verduras xa que traballa nunha froitería e é unha experta no tema.





E como colofón, a profe Raquel, experta en sementar, tróuxonos sementes de cenoria, cabaza, calabacín e leituga que sementamos nuns semilleiros. E aínda que a primavera xa está aquí, o tempo segue frío, e ante o temor das xeadas, a profe Ana agasallounos con un invernadero no que poder coidar e ver crecer as nosas sementes!  



Todo está en marcha, agora só esperamos ter sorte coa colleita! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario