O sábado 28 de febreiro foi a estrea do documental Unitarias que foi gravado en parte a finais do curso pasado no noso centro, en concreto na escola de San Xián de Sales. Valéndose da experiencia vital e profesional do mestre José Alberto Sacido Romero e baixo a dirección de Jorge Algora, ‘Unitarias’ analiza o pasado e o presente do ensino nas aldeas e o papel que xogan as escolas unitarias como símbolo dunha educación integradora e como ferramentas para o asentamento da poboación no rural.
E alí estabamos moitos mestres/as de unitarias, moitos dos nenos/as participantes emocionándonos de vernos alí e de que todos nos felicitaran polo noso traballo.
Grazas a todos os nosos alumnos/as, mestres e papás e mamás por facernos medrar¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario