Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 12 de marzo de 2015

Lingua de signos con Alex

Para rematar có taller sensorial da sordeira, contamos coa visita dun papá do CRA que coñece a lingua de signos.

 Comezou presentándose en lingua de signos:


Falounos de distintos aspectos da vida dunha persoa sorda como por exemplo que poden bailar igual que as persoas ointes mediante a vibración dos sons, e fixemos a proba: poñer música no móvil e percibir a súa vibración:

Aprendimos as tres formas de comunicación: lectura labial (probando a entender o que dicimos sin falar só movendo os labios), lingua de signos ( aprendimos a decir nomes de animais, días da semana, números...)


E explicounos o sistema dactilolóxico, có que pintamos os signos do noso nome:

E probamos a decir cómo nos chamamos:


Con esta visita aprendimos a coñecer un pouco máis ás persoas sordas e polo tanto foi un luxo poder contar con ela!      Por iso: Moitas, moitas gracias Alex!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario