Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 6 de mayo de 2015

LIBRO DE RECEITAS DO CHEF:

DIEGO LÓPEZ


O pasado 22 de abril tivemos o pracer de compartir a mañá cun xa afamado chef,  Diego López, unha gran promesa da gastronomía galega que combina con moitísima maestría a cociña galega tradicional coa de vanguardia. Premio ao mellor chef galego do ano 2014, Diego e as cociñeiras que o acompañaban, do restaurante “La Molinera” de Lalín, abraiáronnos o paladar con 4 exquisitos platos, moi sinxelos, en apariencia: 
  • Taco de leituga con herbas aromáticas e cítrico
  • Ensalada de mazá, herbas e flores
  • Iogurt de flores
  • Follas de limoeiro

Os nosos nenos e nenas, ademais de participar na colleita previa dalgúns dos ingredientes (nébeda, flor de sabugueiro, fiuncho, dente de león, chuchamel, folla de limoeirio, entre outros), interviron activamente na elaboración das receitas e se comportaron como excelentes pinches de cociña.

E como colofón, aproveitando que estabamos na semana do libro, decidimos escribir na escola de Lestedo, o noso  propio "Libro das receitas de Diego López".

Mirade que ben nos quedaron:





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario