Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 19 de junio de 2012

GRAZAS NOELIA




Con esta entrada no “Rukutrú” querémosche agradecer profe Noelia o agarimo que nos dás e a atención que nos prestas cada día a cada un de nós.
Grazas, por aprendernos todas esas cousas que non sabiamos: as letras, os números, contos, cancións, a escribir o noso nome e todo o demais …; por preocuparte cando estivemos enfermos, por compredernos cando non tiñamos un bo día, que xa sabes profe, que iso son cousas da nosa idade.
Que saibas, Noelia, que eres a nosa primeira mestra, que estamos moi contentos de ser os teus alumnos e que sempre nos lembraremos de ti e que te temos no noso corazón.
Moitos bicos e apertas,
Ainoa, Antía, Brais, Carla, Claudia, Damián, David,
Laura, Mariña, Martín, Miguel e Noa

1 comentario:

  1. Un aplauso por esta entrada no blog.
    Todos sabemos cales son as funcións das profesoras, pero o seu traballo se pode facer de distintas formas, con agarimo, paciencia, .. ou sen isto.
    Que esteamos contentas/os có traballo que desenvolvedes cos nosos fillos/as, aparte de pensalo, non sobra facerolo saber.

    Grazas a todo o profesorado do CRA por todo o traballo realizado

    ResponderEliminar