Un ano máis o alumnado do Cra xunto coa súa Anpa "Val do Ulla" participamos nunha actividade solidaria.
Este ano conmocionounos todo o acontecido pola erupción do volcán da Palma.
Fixemos investigación nas escolas e traballamos moito sobre o tema pois converteuse nun centro de interese para todo o alumnado.
Decidimos como remate final desta actividade recadar cartos para axudar aos damnificados/as por este suceso. Para elo, realizamos moitos traballos e manualidades nas escolas coas titoras/es e as especialistas co fin de poder levalas a dúas feiras, unha a de Ponte Ulla no Concello de Vedra e outra a de Lestedo no Concello de Boqueixón e que a veciñanza, peregrinos e xente que alí fose, participase mercando as cousiñas tan bonitas que fixemos e nos desen unha donación a cambio.
O resultado foi espectacular: 1180,93€
Finalmente, despois de varias chamadas ao consulado insular e servicios sociais decidimos por unanimidade que estes cartos fosen directamente para unha das escolas arrasadas pola lava do volcán: O colexio de La Laguna.
A directora do cole transmitiume moi emocionada a súa gratitude por este traballo e en breve manteremos contacto co alumnado deste centro.
Aquí vos deixamos todo o proceso desta fantástica e emotiva actividade e queremos transmitirvos a tod@s: familias, alumnado, profesorado, Concellos, Asociación de Ponte Ulla e a tod@s os que participastes coas vosas donacións o noso total agradecemento!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario