O pasado
venres 3 de xuño presentouse o libro “FEITIZO NO VAL”, un libro moi especial de
contos que xurdiu da colaboración dunha neta Fátima de la Iglesia e o seu avó
Xosé Manuel Lobato durante o confinamento.
Un libro cheo de fantasía, lendas e vivencias compartidas nas conversas entre eles dous.
Sendo un libro de contos infantiles, qué
mellor que os nenos e nenas da Escola de Sarandón do CRA Boqueixón-Vedra “Neira
Vilas” para ilustralo no seu interior cos seus debuxos e composicións nos que
plasmaron todo o seu sentir e corazón en cada imaxe.
A
presentación tivo lugar na Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón coa
compañía excepcional dos alcaldes de Vedra Carlos Martínez e Boqueixón Manuel
Fernández, a ilustradora Amalia López
Brea, encargada da portada e contraportada, a mestra e escritora Charo Golmar,
os mestres Antonio Vázquez Turnes e Eva Lema e Valentín García, secretario Xeral de Política
Lingüística da Xunta de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario