A semana pasada a familia de Martín convidounos a vendimar na casa dos avós, que está cerquiña da escola. E alá fomos a axudarlles con moita disposición e motivación. O día resultou un éxito, disfrutamos moito e aprendemos un montón de cousas. Despois de rematada a vendima, que mellor que embotellar o noso mosto como proba do noso traballo. Grazas a Martín e a súa familia!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario