Os nen@s de Lestedo hoxe estabamos moi impacientes. Unha porque tiñamos videoconferencia na nube, e outra porque era o último día do trimestre e iamos levar á casa un saco de traballos feitos na escola fruto do noso esforzo diario. Aquí vedes a portada dos traballos que máis nos gusta facer, os folios, como decimos nós. Tamén era o día das "notas", pero coma nós somos de Infantil aínda no nos quitan o sono. Xa se preocupan os nosos pais/nais deso.
Rosa, moi bonitos son todos eses traballos que facedes cada día. Nós gardámolos nunha caixiña, pero témola que abrir moitas veces, pois non nos cansamos de mirar para eles.
ResponderEliminarNoraboa e grazas pola túa dedicación, ¡Que traballo!