Esta semana en conmemoración ao día do libro, que se celebra o 23 de abril, o CRA levará a cabo unha actividade que consistirá en escoitar e contar diferentes contos a través da videoconferencia, xa que nos permitirá comunicarnos con tódalas escolas do CRA.
Concretamente, hoxe dende San Xián, escoitamos a través dunha videoconferencia o conto "Memorias dun neno labrego" de Neira Vilas, este conto foi contado dende a escola de Sarandon, polo mestre Antonio e finalmente, os nenos contáronnos a rebusca que se fai o día despois da festa, encontraron unha morea de cousas... Se o queredes ver mellor hai vos vai un enlace para que o poidades desfrutar:
http://www.youtube.com/watch?v=VNQhFg1ds9g
A ver se vos gusta e o xoves dende San Fins e o venres dende San Xiao¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario