Un ano máis gozamos dunha tradicón típica da nosa zoa como é a vendima.
Para iso nalguhas das nosa escolas ambientamos todo para levar a cabo este proceso, construindo a viña, preparando os capazos para pisar as uvas, ...
Noutras, tivemos que desprazarnos a pé con moito coidadiño pola beirarúa para ir vendimar a casa de familiares, que moi amablemente abrironnos as portas das súas casas e compartiron con nós esta xornada.
Todos e todas recollimos uvas, esmagámolas coa estrugadora ou cos pés, colamos e degustamos o mosto. Qué rico estaba!!
E o máis importante pasamos un día de convivencia compartindo experiencias, risas e xogos.
Moitas Grazas as nosas familias pola súa colaboración!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario