Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 12 de enero de 2016

UN CAFÉ MOI ESPECIAL¡¡¡


       Hoxe os mestres/as do CRA Boqueixón- Vedra estivemos tomando café cun dos homes máis importantes do panorama científico e educativo de Galicia e de España, Dn Angel Carracedo. Departimos durante casi tres horas sobre o noso xeito de dar clase, sobre os grandes cambios que ten que sufrir o sistema educativo español para que os nosos nenos/as non sexan valorados só polo que son capaces de memorizar, senón polo moito que son capaces de resolver sós. Que teñen unha aprendizaxe significativa, que os preparemos para o mundo que os rodea, que non estudien datos que só recordar para o exame pero nunca máis os volven a empregar. E así durante gran parte da tarde¡¡¡

           Quedamos maravillados da humildade, sencillez, familiaridade,... coa que nos tratou. Abriunos as portas da súa casa e da súa familia de par en par e dende logo engailounos. E todo isto a pesar de estar doido dunha ciática.
 
            Foi o noso primeiro encontro pero agardamos que non sexa o último, xa que quedou con nós que en canto estivese mellor de saúde e tivese oco na axenda visitaría o CRA.

            Beliscámonos varias veces para convencernos de que non fora un soño, pero de verdade que foi moito máis que iso¡¡¡

 
                   GRACIAS ANGEL E MONTSE¡¡¡¡


1 comentario:

  1. Este si que é un home grande, grandísimo!! (Aínda que por fóra parece pequeno). Que envexa me dades profes! Divina

    ResponderEliminar