Un ano máis, conmemoramos o día da Paz e a non violencia en todas as escolas do CRA de xeito conxunto. Nesta ocasión, tivemos un lema que foi "Damos a nota pola PAZ" e como fío conductor, a música e os diferentes valores que coas notas musicais puidemos descubrir.
Para empezar visionamos un conto titulado:" Cantanieves y las 7 notas musicales". Foi así como coñecemos unhas notas musicais moi especiais que nos axudaron a valorar e poder vivir en Paz. Ensináronnos 2 cancións ; "Abrazos" e "As notas musicais".
Así foi como dende a clase de música, traballouse a clave de sol, o pentagrama, a colocacion das notas, sons agudos e graves.... Do mesmo xeito na clase de valores/ relixión, fíxose máis fincapé nos valores que as notas musicais nos ensinaban: DOnar, REspectar, MImar, FAvor, SOLución, LAtir, SIlencio e a importancia que teñen para acadar a Paz no noso día a día.
Para rematar, deixamos plasmado nun gran corazón o sentir das notas e levamos para a casa outro corazón que no caso de infantil, escribiron con o sen axuda, o valor que escolleron. O alumnado de primaria, a maiores, colocou no seu corazón cada valor concreto no pentagrama e tamén fixeron un micro para que puideran dar a nota pola Paz moooi alto e alá por onde foran.
Preparamos a seguinte montaxe para que poidades ver un resumo de todo o que dou de si esta conmemoración en todas as escolas.
E ti? anímaste a dar a nota pola PAZ?
Moi bonito 👏👏👏👏
ResponderEliminar