Deixádeme dicirvos o que a emoción non me deixou expresar o último día.
Ás familias quero darlle as GRAZAS. Apoiáchedesme en todo momento, puiden contar convosco sempre e eso non ten prezo. Tedes que saber que tedes uns nenos fantásticos. Son nenos queridos e aínda máis importante, eles sábense queridos... e esto non é tan común como debera.
Aos nenos que vos vou dicir que non vos dixera xa mil veces... seguide igual de listos, de guapos, seguide medrando e aprendendo cada día... e comede sentaaaaadoooooos!!!!! :)
Sobre todo RIDE! Ride todos os días!
Repito o que vos dixen o último día: Por moito que medredes eu sempre vos lembrarei así.
Trillóns de bicos, meus nenos!
| ALEXANDRO |
| DANELA M. |
| DANIELA B. |
| IKER |
| IRENE |
| IRIS |
| JOSE |
| MARA |
| MIGUEL |
| SABELA |
| UXÍA |
| YAGO |
Non podo pasar sin contestar a Tania... só dicirche que GRAZAS A TI por sacarlle unha sonrisa todos os días e por ter tantísimaaaa paciencia... Mara leva unha semana preguntando cando volve "o cole de Tania", se poderá ir con Tania a piscina, se vai vir Tania a sua casa etc... Un abrazo enorme!!!
ResponderEliminar