Durante todo o verán os papás das escolas fixeron turnos para que a nosa horta estivera resplandecente cando chegáramos en setembro e así foi. Cando chegamos tiñamos moita colleita para coller: acelgas, calbacíns, fresas, allos, cebolas.... Xa vos iremos ensinando, que isto é un luxo e con uns pais así, aínda máis. Nestas fotos podemos ver como transplantamos as fresas e mesmo recollímolas xunto coas acelgas, as aromáticas e escarola e a única cenoria que tivemos e da que estamos moi orgullosos... a pouco soubo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario