Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

jueves, 4 de octubre de 2012

Día Mundial d@ Docente


5 de outubro Día Mundial d@ Docente


As mestras e os mestres son as persoas encargadas de contribuir ao desenvolvemento integral dos nenos e das nenas, tendo en conta o contexto familiar y sociocultural ao que pertencen e respondendo as súas necesidades e aos retos educativos que plantexa a sociedade do coñecemento e da información. Mantendo unha actitude ética e comprometida coa profesión no marco dunha cidadanía democrática, responsable e solidaria, capaz de promover valores educativos na defensa da igualdade entre xéneros e fomento da cultura de paz e capaz de promover actitudes educativas de sostibilidad e respecto polo medio ambiente.
E nestes tempos nos que se nos esixe máis e máis... as nosas condicións de traballo e os recursos de que dispoñemos nos centros, non experimentan apenas variacións..., seguimos a traballar por unha escola pública de tod@s para tod@s
Por todo isto, o CRA Boqueixón-Vedra vai facer unha pequena  recompilación das lembranzas das nosas escolas, dos nosos mestres e das nosas mestras... a través de comentarios persoais, fotografías, etc.


Se algunha familia quere compartir a súa experiencia escolar, pode facelo deixando un comentario neste blog ou persoalmente nas escolas. Moitas grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario