Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

martes, 11 de septiembre de 2012

PERIODO DE ADAPTACIÓN



Mañán comeza un novo curso, para algúns o primeiro e para outros o seguinte, pero todos vimos de estar dous meses sen ver a escola aos nosos compañeiros/as,..., de saltarnos todas as nosas rutinas de horarios, comidas, actividades,... É por iso que precisamos un período de adaptación, 7 días nada máis, nos cales teremos o seguinte horario:
Escola de Camporrapado:
- Do 12 ao 14 de setembro de 9 a 12h
- Do 18 ao 21 de setembro de 9 a 13h
As demáis escolas:
- Do 12 ao 14 de setembro de 10 a 13h
- Do 18 ao 21 de setembro de 9 a 13h
A partir do 24 de setembro horario normal de 9 a 14. Sabemos que para algún supón un esforzo grande adaptarse a este horario e por iso que vaia por diante o noso agradecemento á vosa axuda.

Lembrarvos tamén que o vindeiro 17 de setembro é festivo local en Vedra, O Patio, polo que ese día non teremos clase.
 Abrochádevos os cinturóns que despegamos cara un novo curso cheo de proxectos, ideas,... que agardavos levar a cabo.
 E non faltedes ningún que pasamos lista¡¡¡¡



No hay comentarios:

Publicar un comentario