Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 2 de noviembre de 2015

A quen non teña viño, dámoslle un pouquiño!

Dándolle continuidade ó noso proxecto de investigación sobre a vendima, aínda levamos a cabo outras actividades que nos axudaron a acabar de comprender o proceso.

Unha delas foi a visita dun experto na elaboración do viño! O papá de Lucia S. veu á escola a contarnos algungas cousas mais sobre o tema! 

Aprendemos mais cousas sobre as bodegas e palabras novas relacionadas co tema!

E xa para rematar co proceso, prensamos a colleita q tiñamos a ferver na escola coa axuda do papá de Iria e a súa prensa. Así trasegamos entre todos e enchemos un pipo! 

Foi un traballo intenso e sobre todo gratificante!


E aquí remata este pequeno proxecto na escola de Sergude! Moitas grazas a todos por participar e axudarnos a aprender tantas cousas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario