Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 6 de abril de 2020

EU APRENDO NA CASA

Aínda que as nosas escolas permanecen pechadas o proceso educativo segue en cada unha das casas dos nosos alumnos e alumnas, para iso diariamemente os seus mestres e mestras comparten na web do centro, CRA BOQUEIXÓN-VEDRA "NEIRA VILAS" distintas actividades a realizar. O que se pretende e que os nenos e nenas continuen coa rutina no día a día,  adaptandose pouco a pouco a dita situación.
A continuación deixamos unha mostra do traballo nesta segunda semana de confinamento, dende aqui agradecer unha vez máis as familias a súa colaboración e sobre todo os cativos e cativas do noso CRA que dan o mellor de sí mesmos sempre!!

E recordade: QUEDADE NA CASA que TODO IRÁ BEN!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario