O 20 de Marzo foi o día da tradición oral, un concepto que resalta a importancia das expresións culturais que se transmiten de xeración en xeración e que teñen o propósito de difundir coñecementos e experiencias as novas xeracións, sendo fundamentais para manter vivas as diferentes culturas.
O equipo de biblioteca propuxo traballar dito centro de interese mediante dous recursos vinculados a este día, un conto popular narrado por Antonio Reigosa e un xogo de mans contado por Avelino González.
Así debido a situación na que vivimos as familias aportaron os resultados de dita actividaden e unha mostra disto foron un conxunto de adiviñas que se fixeron uns os outros, resultando unha experiencia moi doada para eles!!
Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración e sobre todo os nosos alumnos e alumnas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario