Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

viernes, 20 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller

O domingo 8 de Marzo celebramos o día Internacional da Muller, unha data no calendario para reflexionar sobre os avances realizados, pedir máis cambios e celebrar o valor e determinación das mulleres comúns que desempeñaron un papel clave na historia dos seus paises e comunidades.
No noso centro durante dita semana puxemos en marcha un Obradoiro de Igualdade baseado nun contacontos con maxia, polo que da man de David de CPM eventos e a participación do Mago Noel (financiado con cartos obtidos polo pacto de estado en materia de igualdade) descubrimos a historia de Palmira e as dificultades que tivo ó chegar a unha nova escola, como se sentiu ó ser rexeitada polos demais e cal foi a peza clave para sentirse de novo segura de si mesma.
A continuación compartimos o ben que o pasaron os nenos e nenas de todas as escolas con dita experiencia!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario