Estamos a vivir moitos cambios nestos últimos días, os nenos e nenas no poden ir ó cole nin as mestras e mestres exercer a súa vocación tal e como o facían ata agora, producíronse cambios drásticos nas rutinas dos nosos alumnos e alumnas, o contexto no que realizan as actividades e sobre todo na relacións sociais e familiares. É fundamental que prestemos atención os máis pequenos xa que é unha situción que lles é dificil de comprender, ser transparentes con eles e implicarnos nas súas emocións.
No noso CRA levamos traballando unha semana para que os nosos alumnos e alumnas poidan seguir coa máis normalidade posible estes días de confinamento, para iso dende a paxina web do centro CRA BOQUEIXON-VEDRA "NEIRA VILAS" habilitouse un aparatado para cada unha das escolas que conforman dito centro. Neste espazo cada unha das mestras e mestres, xuntos cos especialistas, aportamos todo o necesario para a realización de distintas actividades a realizar na casa, e que tendo en conta as súas posibilidades as familias colaboren con nós.
Aquí tedes unha mostra da nosa primeira semana, que resume moi ben a seguinte frase:
EL MAYOR SIGNO DE ÉXITO PARA UN MAESTRO ES SER CAPAZ DE DECIR "LOS NIÑOS FUNCIONAN COMO SI YO NO EXISTIESE"
María Montessori
No hay comentarios:
Publicar un comentario