Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 17 de junio de 2020

Medrando a colleita de S Xián

Menuda sorpresa nos levamos cando nos mandaron estas fotos. A nosa horta é un éxito e comeza a dar o seu froito. Fresas, remolacha, grandes leitugas e ata millo. Mágoa non poder disfrutar dela cada día.

martes, 16 de junio de 2020

A HORTA DE CAMPORRAPADO

A nosa horta segue a medrar grazas ás familias.Premendo na seguinte imaxe, poderedes ver uns pequenos vídeos cos que nos sorprenden as familias amosando a nosa colleita. Graciñas!!

lunes, 15 de junio de 2020

OS NOSOS RETOS!

Nesta entrada compartimos unha semana máis os retos do 1 ó 5 de Xuño, na que traballamos as seguintes temáticas: COCIÑA, INGLÉS, MOVEMENTO, LECTOESCRITURA E CIENCIA.
Dar as grazas unha vez máis os nosos alumnos e alumnas pola súa participación nesta recta final do curso, e por suposto as familias por compartir o traballo semanal.

Un saúdo e moreas de bicos.


viernes, 12 de junio de 2020

Abecedario reciclado

E para rematar a semana imos cunha actividade creativa do instagram de @teachingtachan: un abecedario reciclado. A idea é crear con elementos naturais e de refugallo as diferentes letras do alfabeto. Podemos comezar polas letras do noso nome e despois ir engadindo outras. Despois, podemos facer fotos das mesmas e imprimilas e traballar con ese abedecario propio para construír palabras. Déixámosvos esta imaxe a modo de exemplo. Boa fin de semana a todos/as!!!


lunes, 8 de junio de 2020

O Gran libro do mar

Hoxe limos un libro vinculado ao día do medio ambiente e dos océanos.

OS NOSOS RETOS!

Unha semana máis compartimos os retos dos nosos alumnos e alumnas da semana do 25 ó 29 de Maio, nestos días traballáronse as seguintes temáticas: DANZA MUSICAL, CIENCIA, INGLÉS, COCIÑA E LÓXICAMATEMÁTICA.
Dar as grazas e os parabéns a cada un dos nenos e nenas do CRA e as súas familias por compartir o traballo realizado nas súas casas.
Un saúdo e moreas de bicos!


viernes, 5 de junio de 2020

Xogos de reciclaxe

Como hoxe celebramos o día do medioambiente. Presentámosvos  unha serie de xogos da fantástica web de ecoembes para imprimir e traballar cos nenos/as conceptos relacionados coa reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Na seguinte imaxe atoparedes os xogos e material que a profe Laura buscou para este día tan importante.

ANIMAIS DE GALICIA EN PERIGO

Na seguinte ligazón á nosa páxina web, atoparedes uns quebracabezas sobre animais autóctonos de Galicia que están catalogados pola Xunta como "en perigo de extinción". Tamén  moi importante en canto á biodiversidade, tema central deste ano según a ONU. Tamén atoparedes outros xogos de seguro moi divertidos.

PASALLE ALGO AO PLANETA?

Bo venres, familia!


Hoxe, 5 de maio, é a data reivindicativa que a ONU escolleu para adicar ao Medio Ambiente, pola necesidade que temos os humanos de cambiar o modo de usar os recursos que nos ofrece o planeta e así conservalo, pois é  o único fogar que coñecemos, ... de momento.


O curso pasado traballamos un chisquiño sobre un conto escrito e ilustrado por Eva Clemente que se titula “¿Qué le pasa al planeta?" A ver quen se acorda:


[youtube ExOBjG44czw&feature=emb_logo nolink]

Como vedes este conto quere facernos entender que as grandes empresas e os gobernos poden ser axentes de cambio para mellorar o Medio Ambiente, pero sobre todo cada uno de nós podemos facer moitas cousas pequechiñas que sumadas producen cambios significativos.


É a mesma idea que nos deixaba o historiador Howard Zinn nunha das súas célebres frases: “Se a xente puidera ver que o cambio se produce como resultado de millóns de pequenas accións que parecen totalmente insignificantes, entón non dubidarían en realizar estes pequenos actos”.


O momento actual que vivimos inmersos na pandemia do Covid19, está deixando patente nas nosas rúas o excesivo consumo de artículos non reutilizables como mascarillas e luvas hixiénicas que logo aparecen ciscadas por todas partes. Pensade que se poden empregar mascarillas reutilizables e lavar a menudo as mans en lugar de usar luvas.


Recordades o conto que un compañeiro trouxo á escola polo seu aniversario? Pois ollade o que nos canta “La ballena llena” sobre o uso de mascarillas e luvas:


[youtube 5Hscoy6mVEM&feature=emb_logo nolink]

Propoñémosvos que recollades a través dun debuxo, dun vídeo, dunhas fotos, dun audio, dun escrito nun papel, ... como se vós ocurra, algunhas desas pequenas cousas que facedes a diario ou de vez en cando e que axudan a coidar o planeta. Así podemos aportar ideas entre tod@s para mellorar o noso entorno.


Boa finde chic@s!!

martes, 2 de junio de 2020

PLASTICMONSTERS

Como ben sabedes nas escolas estase traballando e investigando sobre o medioambiente, os seus coidados e a importancia de reciclar, reducir e reutilizar.
Desde o Equipo de Biblioteca do CRA fíxose a proposta de participar nunha iniciativa de Greenpeace "NO ALIMENTES AL MONSTRUO DE PLÁSTICO", e así facernos máis conscientes da situación actual con respecto o uso abusivo dos plásticos e dos seus efectos nocivos.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!
Son monstruosos!!!!!!!!