
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema

viernes, 20 de abril de 2018
A chegada do cuco
Como ben sabedes, o cuco avisa da chegada da primavera, do tempo das flores... Para comprobar os cambios que esta estación nos trae, incluido o polen e os seus problemas paraa saúde de algúns, hoxe fomos buscar o cuco ata o río Ulla. Baixamos por "A Silva", cruzamos por Casansula, cruzamos a ponte de Sarandón, camiñamos á carón do río ata a ponte colgante de Ximonde, xogamos e merendamos na beira de alá, cruzamos a ponte e viñemos subindo dende o coto por Ximonde arriba, ata a escola de Sarandón. Unha tarde de aventura... pero non sentimos o cuco...outro día será pero o que si é verdad é que moi ben o pasamos.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario