Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 9 de abril de 2018


CURSO ACELERADO DE ENFERMERÍA EN LESTEDO

Á volta das vacacións de Semana Santa, e coas pilas ben recargadas, tivemos un taller interesantísimo de Enfermería. Mi madriña, canto hai que saber e manexar!! Menos mal que estaba con nós Mariví, a madriña de Laura, para aclararnos todas as dúbidas.

O primeiro foi colocar o carteliño de enfermeiras/os para poder desempeñar este oficio tan valioso e estresante.

 
A continuación coñecimos e manexamos instrumental variado e real: fonendoscopio, tensiómetro, mascarillas de oxíxeno e cirúrxicas, utilización e soros e tubiños para a recollida do sangue, electrodos para os electrocardiogramas, material para vendaxe, técnica de reanimación cardiorespiratoria practicada aos nosos bonecos, …Uff! E por si fora pouco levamos xiringas de cores de regalo para seguir practicando na casa.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

 

 

 

 
 
 
 

 
 
 

 

 

 

 
   
 

 

 

 



 
 

Creo que algún de nós ata perdeu algo de medo ás consultas pediátricas, a xulgar polas imaxes. Agora xa sabemos mellor para que sirve tanto instrumental!!.




Moitas grazas á enfermeira Mariví e á nosa reporteira Bego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario