Esta semana estivemos de dobre celebración en Camporrapado xa que Noa e David xa cumpriron 5 anos!!!! O tempo pasa moi rápido e aquí deixamos inmortalizado o momento entre os seus compañeiros e compañeiras de clase.
E como non podía ser doutra maneira o biscoito durou o que duran as cousas boas: UN CASI NADA!!!!!!!!!!!!!!
Dámosche a benvida o blogue dos nenos/as do CRA Boqueixón- Vedra "Neira Vilas". Nel poderás atopar novas sobre actividades que facemos nas nosas escolas. Agardamos que che gusten e nos visites de novo. Deica sempre¡¡¡
Educando en Familia- O noso Lema
viernes, 18 de octubre de 2013
ENTRE VEXETACIÓN E FAUNA
SALVAXE
Hoxe tivemos a 1ª saída deste curso. Achegámonos aos invernadoiros dos Viveiros Compostela, entremezclados entre crisantemos, ciclámenes e flores de pascua. Mirade qué bonitos!
Tamén
tivemos ocasión de traballar como xardineiros e descansamos para tomar o almorzo.
Logo, alá no campo de fútbol de Camporrapado, sorprendeunos a exhibición dun falcón
peregrino e o seu cetreiro
campeóns de España na súa modalidade. O falcón peregrino é o animal mais rápido
do mundo porque cando caza, lánzase dende moi alto en picado, a velocidades de
ata 300km/h.
Moi atentos e caladiños observamos dúas aves rapaces que, procedentes do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre en Oleiros, iban a ser
ceibadas: unha curuxa e un miñato, e aprendimos moitas cousas deles.
Sabedes!, a curuxa e unha ave
rapaz nocturna; ten a cabeza grande e redonda como unha parabólica
para escoitar moi ben, uns ollos coma pratos e as plumas redondeadas, algunas delas pequerrechiñas para non meter ruído mentres voa na captura de ratos. É por iso que está moi ben considerada entre os humanos.
Vive nas casas vellas derruídas e nas igrexas, non fai niños e pode facer ata
dúas postas ao ano e criar 5 fillos de cada volta. Ademais, come os ratos
enteiros polo que ten un pico pequeño e
pouco desenrolado; logo vomita os osos e
a pelaxe do rato nunha bola oscura.
Sen embargo, o miñato e unha ave
rapaz diurna. Ten a cabeza mais pequena, é mais veloz e ruidosa así que as
súas plumas non son tan redondeadas e ten o pico grande e desenrolado porque
papa os ratos a cachiños.
Agora xa sabemos que o animais salvaxes feridos ou abandonados van aos centros
de recuperacíón e alí equipos de veterinarios e coidadores especializados lles
axudan a curarse para voltar de novo á súa vida salvaxe.
Iris tamén cumpliu 3 anos!
Pois outra que cumple anos! Menuda racha levamos!
Aquí tedes a Iris toda fachendosa do moito que medrou! Amosounos as fotos de cada ano da súa vida e contounos todo o que foi aprendendo nestes 3 anos.
Cantamos, bailamos e comemos as chuches que trouxo para os compañeiros.
Chuches? SI!! :)
Parabéns, Iris!
miércoles, 16 de octubre de 2013
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
Esta semana en Camporrapado tivemos unha visita moi especial. Primeiro visitou aos nenos de 3 e 4 anos, e quedaron tod@s coa boca aberta:

Logo subiu a visitar aos nen@s darriba que tamén quedaron abraiados coa súa beleza:

E non sei se descubristes xa que animaliño animalón foi o que nos abraiou. Pois aquel ao que so unha princesiña podía convertir nun príncipe, pero como os contos, contos son, este que nos veu visitar en príncipe non se puido convertir e dunha pequena gaiola amarela o liberamos e ao campo devolvemos.
jueves, 10 de octubre de 2013
O aniversario de Iker
Ola de novo!
Que será eso que miran tan interesados estes raparigos en Camporrapado de abaixo?
Que será eso que miran tan interesados estes raparigos en Camporrapado de abaixo?
Ah! Que foi o aniversario de Iker! Estaban mirando cánto medrara este neno dende que naceu ata cumplir os 3 anos. Para celebralo Iker trouxo un biscoito que fixo ca súa familia, e mira se estaba rico, que antes de que me dera tempo a sacar a foto xa comeran a metade da decoración :)
A soplar!!
Moitas felicidades, Iker! A seguir medrando!
E de regalo ahí vos vai a canción que estamos aprendendo para o Samaín... que meeedo :)
martes, 8 de octubre de 2013
CHEGOU O OUTONO A CAMPORRAPADO
lunes, 7 de octubre de 2013
PREMIO Á NUBE DO CPEIG
O pasado venres 5 de outubro no Hostal Monumento San Francisco fomos invitados para recoller o premio á mellor iniciativa emprendedora polo noso proxecto Rede Escolas na Nube otorgado polo Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia.
Alá nos reunimos as catro directoras dos CRAs participantes, Ribadavia,Ponteceso Vilaboa e Boqueixón-Vedra; Carlos Segade o director de Balidea, a empresa galega que financia parte do noso proxecto; María Rodriguez Malmierca do CESGA , que moi orgullosos compartimos unha noite emotiva con outros premiados.
Alá nos reunimos as catro directoras dos CRAs participantes, Ribadavia,Ponteceso Vilaboa e Boqueixón-Vedra; Carlos Segade o director de Balidea, a empresa galega que financia parte do noso proxecto; María Rodriguez Malmierca do CESGA , que moi orgullosos compartimos unha noite emotiva con outros premiados.
Dende aquí o noso agradecemento ao CPEIG polo premio e a todos/as os que facedes posible que todo este soño se faga realidade.
lunes, 30 de septiembre de 2013
Irene está de aniversario!
Ola! Aquí a profe Tania retransmitindo dende Camporrapado "de abaixo" para contarvos que Irene cumpriu 3 anos!
Esa cousa rara que vedes no chan é un "prototipo" en construción que estivemos facendo para celebrar os aniversarios ao estilo Montessori. Trátase de ir sendo conscientes do paso do tempo e do lugar onde vivimos... aínda que a estes rapaces interesoulles máis esto outro:
Non era para menos! Mirade que biscoito nos trouxo Irene para convidar aos compañeiros!
Pasámolo moi ben e as fotos que nos trouxo Irene de cada ano da súa vida as poremos na parede para lembrar canto medramos e canto aprendemos nestes 3 anos.
Ata a próxima!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































