Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

miércoles, 12 de mayo de 2021

DÍA DO NENO E DA NENA

Este ano, máis que nunca, merecen ter o seu día conmemorativo e así se quixo reflexar nunha  xornada en concreto, en lembranza do 26 de abril do 2020, día no que os nenos e nenas puideron sair á rúa, tras o confinamento vivido.

Por iso cada 26 de abril será o día de todos os nenos e nenas. Nesta ocasión, comezamos a xornada  con un forte aplauso por todo o vivido ao longo deste duro ano, no que foron un exemplo de valentía e fortaleza e continúan a selo.

Nesta data estivo tamén moi presente o xogo, un recurso moi necesario para o desenvolvemento do neno e da nena e tan importante nestas idades.

Ademáis, aproveitamos esta xornada para celebrar un "Mercradiño" Solidario, promovido pola nosa  ANPA. Nesta ocasión o recaudado foi para a Obra Social do CHUS e empregouse para a modernización das salas de espera das urxencias pediátricas.

No seguinte vídeo poderedes ver un resumo do que dou este día de sí, do ben que o pasamos e do moito que se conseguiu con axuda de todas as familias. Graciñas mil!!!!



lunes, 3 de mayo de 2021

Grandes deportistas

     Hai un par de semanas Andrea e Xoel de Sarandón contáronnos as súas experiencias nas probas de hípica, na modalidade de doma, e ciclismo de montaña respectivamente. Pasaron a semana previa moi nervios pensando no día da competición e pagou a pena porque o pasaron moi ben nelas. Os 3 anos de experiencia de Andrea  e ano e medio de Xoel practicando estes deportes, servíronlles para solventar as dificultades que foron atopando e a sobrepoñerse para poder rematar con éxito. Desfrutaron moito do día e o luns, na escola, compartiron con nós as súas experiencias respostando gustosamente ás nosas preguntas e contaxiaron o seu entusiasmo pola práctica destes deportes. Ogallá en próximos encontros participemos moitas e moitos máis. Parabéns aos dous.


miércoles, 28 de abril de 2021

Día Mundial da Saúde

 


O pasado 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde e, como non podía ser doutra maneira, decidimos celebralo nas nosas escolas destacando a súa importancia. Estes tempos tan duros e complicados que estamos a vivir estannos a facer máis conscientes se cabe dela.

A OMS define a saúde coma o “estado completo de benestar físico, mental e social e non so a ausencia de enfermidade”. Por iso debemos coidarnos moito todos os días do ano incorporando ás nosas vidas unha serie de hábitos saudables. O noso alumando parece telos moi claros e así os plasmou en diferentes murais: a inxesta de 5 comidas diarias, adoitar unha dieta equilibrada con abundante consumo de verduras e froitas, unha boa hidratación, a hixiene corporal, a realización de actividade física diaria, a redución do tempo adicado ás pantallas, un bo descanso e adicar parte do noso tempo a darnos bicos e abrazos foron algunhas das súas aportacións.

Para ampliar o seu coñecemento sobre o funcionamento do noso corpo, elaboramos lab-books onde poder aprender novos aspectos sobre o aparello locomotor estudando osos e músculos, e os compoñentes dunha dieta equilibrada mediante a pirámide alimenticia e a elaboración de pratos saudables, respectando as proporcións recomendadas dos diferentes nutrientes.

Tamén realizamos xogos sensoriais identificando como percibimos a realidade a través dos diferentes sentidos, e practicamos primeiros auxilios aprendendo a facer a manobra da RCP básica.

Rematamos o día coa realización dunha carreira cooperativa en cada escola onde o importante non era gañar senón cruzar tod@s xunt@s a meta cos nosos dorsais reivindicativos, previamente elaborados, nos que cada un/unha plasmou un lema ou un hábito saudable. Sen esquecer o quecemento e os estiramentos posteriores tan necesarios para evitar lesións.

A aperta ao Carballo das mentiras de Sarandón pechou esta xornada recordándonos que o amor e o coidado pola natureza son fundamentais para a nosa saúde.

miércoles, 21 de abril de 2021

Unha clase de Ciencias Naturais moi especial

         O pasado martes tivo lugar na casa da profe Raquel un gran acontecemento: o nacemento dos seus pitiños e gatiños. Así que, como non hai mellor forma de aprender que observar a realidade, decidimos facer un roteiro até alí para empaparnos do que a natureza nos ten que ofrecer e estudar de cerca curiosidades sobre estes animaliños e outros máis coma os peixes, os coellos ou as galiñas. Aproveitamos para recoller os ovos e ver o muíño de pedra onde se moe o gran para facer a fariña coa que se elaboran biscoitos, empanadas ou as filloas que tanto nos gusta comer no entroido. Volvimos á escola por un camiño distinto para aproveitar e coñecer ben a nosa contorna, prestando moita atención ás normas de seguridade viaria a ter en conta cando camiñamos por vías polas que poden circular vehículos.

        Foi unha xornada moi divertida e especial que agardamos poder repetir en próximas ocasións.




viernes, 2 de abril de 2021

Peregrin@s no Camiño

A comezos deste ano recibimos un misterioso vídeo dunha peregrina que precisaba da nosa axuda. Estaba moi desorientada e non sabía cara onde se tiña que dirixir. Tempo despois descubrimos que se chamaba Exeria e que estaba facendo o Camiño de Santiago, así que decidimos axudala a chegar ao seu destino e de paso aprender moitas cousas sobre este Camiño. Foron tantos os retos superados grazas ao noso traballo constante que nos picou a curiosidade de coñecer en persoa iso do que tanto falamos nas aulas, así que moitas das nenas e nenos das diferentes escolas aproveitaron o seu tempo de lecer para ir coas súas familias na procura de sendas, camiños e monumentos, servíndose da sinalización típica destas vías. Algunha que outra mascota tamén quixo acompañal@s na aventura e mesmo algún animouse a facer o camiño en bicicleta ou incluso en cabalo.                                                     

          

                                         












lunes, 29 de marzo de 2021

A PAIASA GARGALLADAS

Hoxe chegou ás portas das escolas un sobre misterioso cun pen no seu interior. Contiña un vídeo que debía ser visto con urxencia. Unha paiasa poñíase en contacto con nós para pedirnos axuda. Chamábase a paiasa Gargalladas e paradoxicamente non podía deixar de chorar porque, por culpa do covid, a cultura estaba a desaparecer. Non se podía ir aos cines, aos teatros, aos concertos,... e o peor de todo, os circos estaban pechados. O seu sorriso alimentábase dos aplausos e os risos das nenas e nenos que acudían a ver os seus espectáculos e agora non podía atopalo por ningures. Entre tod@s decidimos axudarlle. Fixemos unha inmersión no mundo do circo, coñecimos as diferentes personaxes que poden traballar nel e adestramos duramente para aprender a facer os seus números. As escolas enchéronse de actuacións de funambulistas, trapecistas, malabaristas, contorsionistas, forzud@s,... e por suposto paias@s. Decidimos gravar os nosos espectáculos e facerllos chegar á Paiasa. Como non podía ser doutra maneira, recuperou o seu sorriso e foi moi agradable poder escoitar de novo as súas GARGALLADAS.



































sábado, 13 de marzo de 2021

DIA DE ROSALÍA

 O pasado 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía. As nosas escolas enchéronse de poesía, cancións e artistadas variadas. Velaquí podedes ver unha mostra do noso traballo:



domingo, 28 de febrero de 2021

Un entroido moi peregrino no CRA!

  Este ano fixemos un entroido moi peregrino axudando á primeira peregrina, Exeria, a chegar ao seu destino.

Para iso, o burro comezou esta semana tan especial, convidándonos a prepararnos para o facer o camiño, vestindo co atuendo axeitado para esta nova andaina.

Abraiados nos quedamos coa orixinalidade coa que nos sorprenderon as familais, xa que non perderon detalle.

Aproveitamos o entroido para traballar sobre o tema  e facer numerosas actividades relacionadas con esta temática e poder celebrar esta festa que tanto nos gusta.

Non faltaron os burros que tanto nos gustan e un ano máis demostrouse que, a orixinalidade e a creatividade son dúas das ferramentas fortes que posúen as nosas familias.

Chegamos ao xoves totalmente equipados e xa o venres rematamos a semana con festa rachada, na que non faltaron xogos, con búsqueda do tesouro incluída, talleres, merenda e sobre todo, moita festa!!

Agardamos que toda a comunidade educativa disfrutase desta época do ano tan festeira, ainda que este ano non puido ser como tanto nos gusta, o importante é seguir coidándonos para pronto xuntarnos  e celebrar os eventos da mellor maneira!!!.



domingo, 21 de febrero de 2021

A PIRATA GARRAPATA

         Comezamos ano novo e fixémolo recibindo unha mensaxe moi especial. Unha pirata algo triste púxose en contacto con nós. Chamábase a Pirata Garrapata e estaba preocupada porque estábase a facer maior e non tiña relevo para a súa tripulación. Pediunos axuda. Debiamos adestrar moito para desenvolver todas as habilidades que ten que posuír unha boa pirata e así o fixemos: aprendemos a nadar, a identificar animais mariños e a escapar dos seus perigos, melloramos a nosa forza e equilibrio para poder movernos polo barco con seguridade sen caer ao mar, relaxámonos sobre a area da praia co son das ondas e as gaivotas,... Como poderedes ver nestas imaxes, vivimos un sen fin de aventuras e por fin estivemos preparadas e preparados para formar parte da súa tripulación. LONGA VIDA PIRATAS!!!




jueves, 11 de febrero de 2021

A Paz comeza con un sorriso.


 Hoxe en día, para poder celebrar a Paz, temos que empezar a celebrala con nós  e para nós mesmos. Temos que coidarrnos para protexer aos nosos seres queridos en particular e á sociedade en xeral. Se non nos protexemos a nós, tampouco o facemos cos nosos maiores e que mellor que empezar a celebrar a paz, protexendo e coidando aos que nos importan.

Deste xeito, aínda poñendo a mascarilla durante toda a xornada e levando a cabo do mellor xeito posible,  todas as medidas de hixiene e de seguridade, estes queridos campeóns e campeonas, non perden o sorriso, as gañas de traballar nin de estar con nós.

Este ano, sen dúbida que as conmemoracións celébranse dun xeito especial. Pero cada día, estes pequenos e pequenas demóstrannos o grandes que son e do que son capaces. Para iso, queremos compartir con todos vós, o traballo levado a cabo nas nosas escolas, nas que celebramos o dia da Paz e a non Violencia, primeiro de todo, coidándonos e amosando deste xeito o respecto aos demáis, elaborando bonitos e vistosos traballos que van dende murais, como o semáforo da paz ou o muro no que abrimos portas, tamén fixemos contratos de paz, deseño de figuras e mesmo invención de historias relacionadas coa temática. Como non podía ser doutro xeito, cantamos, bailamos canción emblemáticas como "Imagine", "Que canten los niños"... e outras novas como "Contágiame tu Paz" de Unai Quirós. Descubrimos moitos libros e poesías relacionadas coa paz. Tamén gozamos de vídeos sobre a historia da paz e os diferentes símbolos e ata nos convertemos en sementadores de valores, de onde sairon sementes de abrazos de unión, de amor, axuda... para que medren nas nosas escolas e mesmo se espallen para acadar un mundo mellor.  

Pero non vos contamos máis, podedes ver todos os nosos traballos no seguinte vídeo resumo coa música de "Contágiame tu Paz", agardamos que vos guste...Coidádevos e querédevos moito!!!!