O pasado 7 de
abril foi o Día Mundial da Saúde e, como non podía ser doutra maneira, decidimos
celebralo nas nosas escolas destacando a súa importancia. Estes tempos tan
duros e complicados que estamos a vivir estannos a facer máis conscientes se
cabe dela.
A OMS define a
saúde coma o “estado completo de benestar físico, mental e social e non so a
ausencia de enfermidade”. Por iso debemos coidarnos moito todos os días do
ano incorporando ás nosas vidas unha serie de hábitos saudables. O noso
alumando parece telos moi claros e así os plasmou en diferentes murais: a
inxesta de 5 comidas diarias, adoitar unha dieta equilibrada con abundante
consumo de verduras e froitas, unha boa hidratación, a hixiene corporal, a
realización de actividade física diaria, a redución do tempo adicado ás
pantallas, un bo descanso e adicar parte do noso tempo a darnos bicos e abrazos
foron algunhas das súas aportacións.
Para ampliar o
seu coñecemento sobre o funcionamento do noso corpo, elaboramos lab-books onde
poder aprender novos aspectos sobre o aparello locomotor estudando osos e
músculos, e os compoñentes dunha dieta equilibrada mediante a pirámide
alimenticia e a elaboración de pratos saudables, respectando as proporcións
recomendadas dos diferentes nutrientes.
Tamén realizamos
xogos sensoriais identificando como percibimos a realidade a través dos
diferentes sentidos, e practicamos primeiros auxilios aprendendo a facer a manobra
da RCP básica.
Rematamos o día
coa realización dunha carreira cooperativa en cada escola onde o importante non
era gañar senón cruzar tod@s xunt@s a meta cos nosos dorsais reivindicativos,
previamente elaborados, nos que cada un/unha plasmou un lema ou un hábito
saudable. Sen esquecer o quecemento e os estiramentos posteriores tan
necesarios para evitar lesións.
A aperta ao
Carballo das mentiras de Sarandón pechou esta xornada recordándonos que o amor
e o coidado pola natureza son fundamentais para a nosa saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario