Educando en Familia- O noso Lema

Educando en Familia-  O noso Lema

lunes, 20 de febrero de 2023

A PAZ E O DÍA DO AMOR E A AMIZADE

Dende a clase de Relixión, conmemoramos de xeito conxunto o día da Paz e o día de San Valentín, coñecido tamén,  polo día do amor e a amizade. Primeiro, propuxemos celebrar para a Paz, o cumple da nosa mascota, Pombiña. Para iso, démoslle moitas sorpresas: Preparámoslle unha canción de cumple moi especial, que trata sobre a paz e deste xeito, o día do seu cumple, cantámoslla mentres lle poñíamos as velas para que soplara e dábamoslle moito cariño. Logo compartimos a tarta entre todos. En algunha escola xuntámonos cos de atención educativa, xa que a paz é de todos e compartir cousas bonitas, é o mellor que podemos facer. Pombiña tamén nos trouxo unha tarxeta para colorear e poñer na nosa mochila e así, identificala como mochila da Paz, con todas as cousas que aprendimos e que levan estas mochilas.

De seguido, como xa chegaba axiña o día de S. Valentín, fixemos unha árbore chea de amor no que puxemos ás persoas que máis queremos e que non nos podemos esquecer de agradecerlle todo o que fan por nós e tamén, poñer en práctica a paz con toda a xente que nos rodea.

A continuación, amosámosvos un vídeo no que se pode escoitar e ver como aprendemos a canción  que escollemos este ano para a Paz, unha adaptación do cantautor Unai Quirós, que se titula "Mi Mochila de la Paz". Do mesmo xeito, tamén vai un resumo do que estas dúas celebracións deron de sí. Agardamos que vos guste!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario